Inicio
rrr SEPARADOR_ESP ELPAIS ELMUNDO PUBLICO rrr LIBERTADDIITAL EFE LA_GACETA LA_RAZON EXPANSION CINCODIAS SEPARADOR_AUT LAVANGUARDIA ELPERIODICO EL_CORREO GARA VOZ_GALICIA HERALDO_DE_ARAGON DIARIO_SUR EL_COMERCIO SEPARADOR_DEP rrr rrr MUNDODEPORTIVO rrr EUROSPORT
SEPARADOR_INT EU LE_FIGARO SPIEGEL BILD THE_INDEPENDENT THE_TIMES THE_GUARDIAN LA_REPUBLICA AME CLARIN LA_NACION EL_UNIVERSAL APORREA GRANMA USA WASHINGTON_POST FINALCIAL_TIMES NY_TIMES OTROS HAARETZ JPOST
RADIO SEPARADOR_ESP RNE SER ONDACERO COPE RADIO_PUNTO ES_RADIO MARCA SEPARADOR_AUT RAC1 CAT_RADIO ONA_FM ONDA_MADRID RADIO_EUSKADI RADIO_CANAL_SUR SEPARADOR_AUT M_80 KIS_FM LOS_40 CADENA_100 RAC_105 RADIO_CLASICA FLAIX_FM EUROPA_FM MAXIMA_FM
TV SEPARADOR_ESP LA1 CUATRO TELECINCO ANTENA3 LA_SEXTA LA_SEXTA2 LA_10 TELEDEPORTE CANAL+ LASIETE 24H A3N INTERECONOMIA GOLT SEPARADOR_AUT TELEMADRID TV3 CANAL9 CANAL_SUR.jpg TPA IB3
TV SEPARADOR_ESP EL_PAIS_SEMANAL LA_VANGUARDIA_MAGAZINE XL_SEMANAL MAGAZINE_EL_MUNDO INTERVIU MUY_INTERESANTE NG ROCK SEPARADOR_INT FOREING_POLICE NEWSWEEK TIME POLITICO GALLUP ECONOMIST
TV GOOGLE YOUTUBE WIKIPEDIA IMAGESHACK TINYPIC
TV SEPARADOR_CINE FILM_AFFINITY IMDB FOTOGRAMAS CINE_MANIA CINE_TUBE SEPARADOR_MUSICA SPOTIFY ROLLING_STONE LIBROS LECTORES_ELECTRONICOS CASA_DEL_LIBRO SCRIBD SEPARADOR_JUEGOS COMUNIO PUNTOS_COMUNIO HATTRICK GOALUNITED EVE

Fecha actual 21 Nov 2018 23:03



Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 
Autor Mensaje
 Asunto: Las orquestas contarán por primera vez con un convenio
Nota Publicado: 22 Nov 2016 13:21 
Desconectado
Miembro del Politburó
Avatar de Usuario

Registrado: 01 Sep 2010 23:42
Mensajes: 26737
Citar:
As orquestras de verbena contan, por vez primeira, cun convenio colectivo

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena

"Isto era a selva". Así define Teté Pérez Pardo (CC.OO) a situación do sector das orquestras de verbena ata hoxe. Un sector que abrangue a 4500 traballadores e traballadoras (a cuarta parte, aproximadamente 1125, son mulleres) entre artistas, persoal técnico e de condución de vehículos que ata agora carecían en moitos casos dalgúns dereitos laborais básicos. Este venres representantes de CIG, CCOO, UGT e CSIF e da Asociación Galega de Orquestras (AGO) como parte empresarial asinaron o primeiro convenio colectivo do sector das orquestras de verbena. O primeiro de Galicia e de toda España, onde funciona un de salas de festas e discotecas, que recolle por riba a situación dos músicos, pero que non se axusta á actividade real das orquestras. As entidades asinantes destacan que pode ser "un referente en todo o Estado".

No último momento unha das organizacións empresariais, ASEVEGA, descolgouse do acordo, "non sen antes ter intentado rebentar o proceso, dedicándose a asinar diferentes convenios de empresa de xeito simultáneo", segundo denuncia a CIG.

O sector emprega a 4500 traballadores e traballadoras entre artistas, persoal técnico e de condución de vehículos que ata agora carecían en moitos casos dalgúns dereitos laborais básicos


Teté Pérez Pardo cualifica o acordo como "un feito histórico" que "marcará un antes e un despois" e que "culmina décadas de traballo sindical para regular e mellorar as condicións laborais deste colectivo profesional". Un "bo convenio" que sobre todo axuda a superar a actual situación de desregulación que sufrían estes traballadores e traballadoras. "Había moita xente que non tiña unha nómina, que non tiña un descanso entre xornada e xornada, que cotizaba á Seguridade Social por cantidades moi inferiores ás que deberían. Por fin conseguimos que este colectivo de 4.500 traballadores e traballadoras pasasen a ter ese tratamento de traballadores/as, porque ata agora eran músicos ou artistas, un concepto que os deixaba sen dereitos moi importantes", salienta.

"Había moita xente que non tiña unha nómina, que non tiña un descanso entre xornada e xornada, que cotizaba á seguridade social por cantidades moi inferiores ás que deberían"


O persoal pasa a ter dereito a unha nómina mensual, cotización á seguridade social polo salario realmente percibido, deducións en concepto de IRPF, descansos semanais, vacacións e licenzas retribuídas, pagas extraordinarias... En canto ás táboas salariais, establécense segundo a facturación anual de cada empresa, divididas estas en catro grupos. En cada grupo, os salarios fíxanse segundo os diferentes grupos profesionais, oscilando entre os 14.490 e os 30.632 euros ao ano como mínimo. Ademais, o salario dos bolos ou das actuacións establécese en 60 euros diarios na tempada baixa e 90 na alta. A este respecto, o ano natural divídese en dous tipos de tempada: a baixa, do 1 de novembro ao 30 de abril, e a alta, do 1 de maio ao 31 de outubro.

"Moitas orquestras, ata hai pouco, nin sequera eran empresas" -explica Pérez Pardo- "e a relación cos seus traballadores non era unha relación laboral común, eran tratados como artistas, que é unha figura que pode funcionar para unha actuación concreta e puntual, pero non para estas persoas. Persoas que poden estar traballando de forma continuada seis meses, pero que vían como despois dese tempo tiñan cotizados 20 días". O convenio permitirá cousas tan básicas como que os traballadores e traballadoras teñan recoñecementos médicos periódicos ou que se lles poida retribuír o desgaste dos seus instrumentos. "Porque os instrumentos lévanos eles e tamén se gastan ou rompen e ata agora todo tiña que saír do seu peto. Ao igual que a roupa de traballo, a roupa para actuar", subliña a representante de CCOO.

O convenio permitirá cousas tan básicas como que os traballadores e traballadoras teñan recoñecementos médicos periódicos ou que se lles poida retribuír o desgaste dos seus instrumentos

Teté Pérez Pardo sinala outros aspectos do convenio asinado, por exemplo o relativo aos horarios e tempo de descanso estipulado legalmente, fixando unha xornada máxima anual de 1.680 horas, distribuídas en 36 horas semanais. No convenio recóllese así mesmo a consideración dos ensaios, gravacións, actuacións e tempos a disposición da empresa como xornada laboral. "É importante que teñan un descanso entre xornada e xornada. Pode haber xente que saia da súa casa ás seis da mañá, toca nunha sesión vermú, toca pola noite, desprázase a outro lugar, fai o mesmo, e así durante varios días. Non había xornada regulada, non había tempos de descanso...", di. O convenio detalla todos estes puntos e dereitos, e mesmo dedica un apartado a regular a sesión vermú (fixa unha axuda económica de corenta euros para compensar a participación en sesións matinais).

"Non había unha política de saúde laboral específica e son traballadores moi expostos porque están todo o día na estrada, porque teñen que soportar ruídos fortes de forma continuada"


De igual xeito, Pérez Pardo salienta elementos relacionados coa saúde e as enfermidades laborais propia das e dos músicos e do resto do persoal das orquestras: "Non había unha política de saúde laboral específica e son traballadores e traballadoras moi expostas, porque están todo o día na estrada, porque teñen que soportar ruídos fortes de forma continuada".


Unha loita con décadas de historia

O acordo foi asinado por Teté Pérez Pardo, responsable do Sector de Medios, Ocio, Cultura e Deporte da FSC de CCOO de Galicia; Pedro Pérez Caride, secretario nacional de Negociación Colectiva da CIG-Servizos; Raimundo Méndez García, secretario de Política Social da FMC de UGT Galicia e Eduardo Reto Portela, presidente da CSIF-Galicia.

A loita sindical polas condicións laborais do persoal dedicado ao mundo do espectáculo remóntase aos anos setenta do século pasado. O Sindicato Galego da Música (SGM), posteriormente Sindicato Galego do Espectáculo (SGE) e hoxe en día integrado en Comisións Obreiras, tivo un papel fundamental neste traballo, destaca Pérez Pardo. Dúas persoas claves na fundación do SGM foron Benedicto García Villar, cantautor de Voces Ceibes e sindicalista de CCOO, e Ángel García Seoane Gelo —actual alcalde de Oleiros—, músico de orquestra naqueles tempos e primeiro secretario xeral do sindicato.

Desde CCOO salientan así mesmo o labor realizado por persoas que estiveron na dirección do SGM, como Moncho Varela, Cruz Andrade, Xosé Ramón Santomil, Antón Rodríguez ou Pablo Morán —este último, ademais, presente na mesa de negociación do convenio que acaba de ser presentado— ou, xa na época do SGE, de Vicente Montoto, Avelino González ou Susana Dans.


http://praza.gal/economia/13103/as-orqu ... colectivo/

Pues eso, esperemos que se cumpla y se lleve a buen puerto, las orquestas es un negocio muy lucrativo y del que viven muchos músicos cuando no les queda más remedio, esto también se traduce en la cotización de miles de personas, hasta ahora si alguien quería cotizar algo tenía que darse de alta de autónomo y lo de las facturas un cuadro, ahora haría falta regular al resto de músicos "amateurs", no puedes exigirle que se den de alta de autónomos a grupos que cobran normalmente 150€ por bolo y no deja de ser dinero negro, hubo intentos de regular al resto de músicos en los circuitos de salas de conciertos (que recibían subvención para ello) pero habiendo criterios de selección subjetivos no era la mejor opción

Dejo también una entrevista donde se narra la evolución del tema de orquestas, desde 4 amigos que montan su grupito, pasamos por agencias de contratación que empiezan cobrando un 10% de comisión y acaban cobrando un 20%, hasta que las agencias ya montan sus orquestas y las van ofreciendo a los distintos ayuntamientos vetando la entrada al resto.

http://praza.gal/economia/13124/os-musi ... aballador/

Y no es el único sector que funciona así, las ferias medievales empieza a ser otra mafia, vamos donde antes había artesanos o productores, ahora hay gente contratada por feria, y ya la coña son empresas que te mandan el material para que hagas las pulseras de cuero en casa pagándote cuatro duros que ellos venden a precio de oro en ferias donde tienen el monopolio, los Ayuntamientos tragan porque les es más cómodo que un tipo monte veinte puestos y se encargue de todo a que lo hagan 20 artesanos

Todo muy vomitivo

_________________

Homo homini lupus


Arriba
 Perfil  
 
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 

Fecha actual 21 Nov 2018 23:03


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado


No puede abrir nuevos temas en este Foro
No puede responder a temas en este Foro
No puede editar sus mensajes en este Foro
No puede borrar sus mensajes en este Foro

Buscar:
Saltar a:  
cron
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Template made by DEVPPL/ThatBigForum
Mencion especial al improbo trabajo de Exprofeso y FLO
 

Soloespolitica.com © 2010, 2011
contacto@soloespolitica.com